CONSUMER FINANCE

Recomendacións de seguridade

1. Recomendacións de seguridade.

Co obxectivo de incrementar a túa seguridade na navegación por internet, facémosche as seguintes recomendacións:

  • Mantén sempre actualizado o software do teu navegador. Para facelo, podes conectarte á web dos correspondentes provedores:
  • Utiliza o teu código de cliente, o número secreto que usas para accederes aos servizos da Área de Cliente de Telefónica Consumer Finance, unicamente para este uso.
  • Non teclees o teu código de cliente se tes ao teu redor algún descoñecido que o poida distinguir.
  • Evita utilizar ordenadores que poidan ser intervidos por terceiras persoas.

2. Dez regras básicas para navegar por internet con seguridade

  • 1. Non se deben abrir as mensaxes electrónicas de orixe descoñecida.
  • 2. Non se deben facilitar datos persoais nin códigos PIN de acceso.
  • 3. Non se deben abrir arquivos de remitentes descoñecidos.
  • 4. Non se deben apuntar as claves de acceso en ningún documento. Hai que gardar nun lugar seguro as coordenadas de acceso privado para clientes/comercios/concesionarios.
  • 5. Non se deben utilizar PIN triviais ou doados de deducir.
  • 6. Non hai que confiar nunca nos regalos e nas promocións demasiado fáciles de obter, nin responder a mensaxes que soliciten información de forma urxente.
  • 7. Debes dispoñer dun sistema antivirus, utilizalo e, periodicamente, actualizalo. Tamén é conveniente instalar un sistema antiespía para evitar os programas espía e de publicidade non desexada.
  • 8. Hai que ter actualizado o navegador, e tamén instalar os parches do sistema operativo.
  • 9. É importante ter en conta unhas normas de protección do PC.
  • 10. Cómpre manterse informado sobre a seguridade xeral no uso de internet.

3. Glosario

Cookie. Información enviada por un servidor de internet ao navegador que volve aparecer posteriormente en cada nova conexión. Poden utilizarse con intencións lexítimas, como a identificación de usuarios, ou malévolas, como o almacenamento non consentido de pautas de navegación.

Intrusión. Ataque informático no que o atacante consegue obter un control completo sobre a máquina. Durante unha intrusión, o atacante pode obter e alterar todos os datos da máquina, modificar o seu funcionamento e incluso atacar novas máquinas.

Inundación ou spam. Correo comercial non desexado enviado a través de internet. O volume e o contido do spam poden dificultar considerablemente o uso de servizos do correo electrónico.

Phishing. Os ataques chamados "phishing" utilizan mensaxes de correo enganosos e servidores fraudulentos para enganar os usuarios de servizos de internet. No caso das entidades financeiras, o seu obxectivo é intentar que os usuarios divulguen os seus datos, como o número da tarxeta de crédito ou as claves de acceso PIN.

Devasa ou firewall. Sistema informático que controla a que máquinas e a que servizos se pode acceder dentro de unha rede. Pode tratarse dun sistema especializado ou dun programa instalado (firewall persoal). Cando este control se realiza sobre a información transmitida e non simplemente sobre a conexión, o sistema utilizado é un proxy.

Troiano. Código malicioso camuflado dentro doutro programa aparentemente útil e inofensivo. Os troianos poden ir dentro de programas coñecidos, de forma que hai que controlar a fonte de onde se obtén o software.

Virus. É un programa malicioso que se copia dentro doutros programas e intenta reproducirse o maior número de veces posible. Aínda que non sempre é así, a maioría de veces o virus, ademais de copiarse, altera ou destrúe a información dos sistemas nos que se executa.

4. Ligazóns sobre seguridade

Axencia de protección de datos: www.agpd.es
Centro de alerta antivirus: alerta-antivirus.red.es