CONSUMER FINANCE

Acerca de Teléfonica
Consumer Finance

Telefónica Consumer Finance é unha entidade financeira especializada en facilitar en España o acceso a terminais e dispositivos con conectividade a través da venda a prazos aos clientes de Movistar.

A compañía ten o obxectivo de ofrecer solucións financeiras para adquirir os produtos Movistar baseándose nunha operativa de tramitación sinxela e áxil no mesmo punto de venda. A ampla rede comercial de Movistar, a maior de España, dispón dos servizos da financeira en máis de 2000 puntos de venda.

Telefónica Consumer Finance está constituída ao 50% entre Telefónica e CaixaBank Payments & Consumer, especialista en crédito ao consumo do Grupo CaixaBank, e nace como evolución do acordo ao que chegaron ambas as dúas compañías en 2012. Acordo que facilitaba o pagamento aprazado de equipos aos clientes Movistar, ata en 24 meses en condicións privilexiadas.

Telefónica Consumer Finance fundamenta a súa xestión na transparencia e na responsabilidade na concesión do crédito contribuíndo deste xeito á dinamización do mercado das telecomunicacións.