- telefonicaconsumerfinance.net
- Información legal
Aviso legal
Telefónica Consumer Finance, con domicilio en Avenida de Manoteras nº 20 Edificio París 28050 Madrid, provista do CIF A-86897980 e inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid, tomo 31.767, folio 106, sección 8 e folla M-571609, e no Rexistro de Establecementos Financeiros de Crédito do Banco de España co número de autorización 8836.
O acceso á web de Telefónica Consumer Finance e á información relativa a calquera dos produtos e servizos contidos nela comporta a aceptación das condicións previstas no presente aviso legal. Por iso, recomendámoslle que lea atentamente o seu contido se vostede desexa acceder e facer uso da información e dos servizos ofrecidos desde a web de Telefónica Consumer Finance.
- 1. Validez da información
- 2. Propiedade intelectual e industrial
- 3. Usos prohibidos e permitidos
- 4. Responsabilidades
1. Validez da información
A información contida nestas páxinas é a vixente na data da súa última actualización.
As presentes condicións son as vixentes desde a data da súa última actualización. Telefónica Consumer Finance resérvase o dereito a modificalas en calquera momento, en cuxo caso entrarán en vigor desde a súa publicación e serán aplicables a todos os usuarios da web desde esa data.
Os contidos da web, en especial as referencias informativas e publicitarias, a non ser que expresamente se indique o contrario, non constitúen oferta vinculante. Telefónica Consumer Finance resérvase o dereito a introducir modificacións ou omitir parcial ou totalmente os actuais contidos da web cando o considere oportuno, así como impedir ou restrinxir o acceso de xeito temporal ou permanente.
2. Propiedade intelectual e industrial
A web de Telefónica Consumer Finance, as páxinas que comprende e a información ou elementos contidos nestas, inclúen textos, documentos, fotografías, debuxos, representacións gráficas, bases de datos, programas informáticos, así como logotipos, marcas, nomes comerciais, ou outros signos distintivos, protexidos por dereitos de propiedade intelectual ou industrial, dos que Telefónica Consumer Finance é titular ou lexítima licenciataria.
Telefónica Consumer Finance non outorga ningunha garantía sobre a licitude e legalidade da información ou elementos contidos nas páxinas da web de Telefónica Consumer Finance cando a titularidade destes non corresponda a ela ou a algunha das empresas do Grupo ao que pertence.
3. Usos prohibidos e permitidos
Queda prohibida calquera modalidade de explotación, incluíndo todo tipo de reprodución, distribución, cesión a terceiros, comunicación pública e transformación, mediante calquera tipo de soporte e medio, das obras antes referidas, creacións e signos distintivos sen autorización previa e expresa dos seus respectivos titulares. O incumprimento desta prohibición poderá constituír infracción sancionable pola lexislación vixente.
Non obstante, pola súa conta e risco, o usuario poderá descargar ou realizar copia de tales elementos exclusivamente para o seu uso persoal, sempre que non infrinxa ningún dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial de Telefónica Consumer Finance. En especial, non poderá alteralos, modificalos ou suprimilos nin total nin parcialmente. En ningún caso, iso significará unha autorización ou licenza sobre os dereitos de propiedade de Telefónica Consumer Finance.
Queda prohibido, agás nos casos en que expresamente o autorice Telefónica Consumer Finance, establecer ligazóns, hiperligazóns ou links, desde portais ou sitios web de terceiros a páxinas web de Telefónica Consumer Finance distintas da páxina principal do seu portal, accesible no enderezo URL http://www.telefonicaconsumerfinance.net, ou o que o substitúa no futuro, así como presentar as páxinas web de Telefónica Consumer Finance ou a información contida nelas baixo frames ou marcos, signos distintivos, marcas ou denominacións sociais ou comerciais doutra persoa, empresa ou entidade.
4. Responsabilidades
Telefónica Consumer Finance non garante o acceso continuado, nin a correcta visualización, descarga ou utilidade dos elementos e información contidos nas páxinas da web de Telefónica Consumer Finance, que poden verse impedidos, dificultados ou interrompidos por factores ou circunstancias fóra do seu control.
Telefónica Consumer Finance non é responsable da información e demais contidos integrados en espazos ou páxinas web de terceiros, accesibles desde a web de Telefónica Consumer Finance mediante ligazóns, hiperligazóns ou links, nin da información e demais contidos integrados en espazos ou páxinas web de terceiros desde os que se acceda mediante ligazóns, hiperligazóns ou links á web de Telefónica Consumer Finance ou a calquera das súas páxinas web, nin da información e contidos de calquera páxina web de terceiros que se presente baixo a aparencia ou signos distintivos de Telefónica Consumer Finance, agás autorización expresa desta última.
Telefónica Consumer Finance non asume ningunha responsabilidade con relación á información, contidos de todo tipo, produtos e servizos que puidesen ser ofertados ou prestados na súa web por terceiras persoas ou entidades, aínda que pertenzan ao seu mesmo grupo económico, e en especial polos danos e perdas de calquera tipo que, vinculados ao anterior, poidan producirse por: (I) ausencia ou deficiencias na información facilitada aos usuarios ou na súa veracidade, exactitude e suficiencia; (II) incumprimento ou cumprimento defectuoso ou impuntual dos contratos ou relacións precontractuais; (III) incumprimento das obrigas que incumben aos prestadores de servizos da sociedade da información; (IV) infracción dos dereitos dos consumidores e usuarios; (V) infracción dos dereitos de propiedade intelectual e industrial; realización de actos de competencia desleal ou de publicidade ilícita; (VI) infracción do dereito de protección de datos; do segredo profesional e dos dereitos ao honor, á intimidade persoal e familiar e á imaxe das persoas; e (VII) en xeral, o incumprimento de calquera lei, costume ou código de conduta que resulte de aplicación.
Telefónica Consumer Finance tampouco asume ningunha responsabilidade por danos, prexuízos, perdas, reclamacións ou gastos, producidos por: (I) interferencias, interrupcións, fallos, omisións, avarías telefónicas, atrasos, bloqueos ou desconexións no funcionamento do sistema electrónico, motivadas por deficiencias, sobrecargas e erros nas liñas e redes de telecomunicacións, ou por calquera outra causa allea ao control de Telefónica Consumer Finance; (II) intromisións ilexítimas mediante o uso de programas malignos de calquera tipo e a través de calquera medio de comunicación, tales como virus informáticos ou calquera outro; (III) uso indebido ou inadecuado das páxinas web de Telefónica Consumer Finance; (IV) erros de seguridade ou navegación producidos por un mal funcionamento do navegador ou polo uso de versións non actualizadas deste.