- telefonicaconsumerfinance.net
- Política de privacidade
Política de privacidade Telefónica Consumer Finance, E.F.C, S.A.
Índice
- 1. Como tratamos os seus datos persoais
- 2. Quen trata os seus datos
- 3. Delegado de Protección de Datos
- 4. Exercicio de dereitos e presentación de reclamacións ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD)
- 5. Datos Tratados
- 6. Que tratamentos realizamos cos seus datos
- 7. Destinatarios dos datos
- 8. Prazos de conservación dos datos
- 9. Transferencias de datos fóra do Espazo Económico Europeo
- 10. Decisións automatizadas
- 11. Revisión
1. Como tratamos os seus datos persoais
Para xestionar as súas relacións connosco, en Telefónica Consumer Finance trataremos os seus datos persoais para cumprir diferentes finalidades, sempre de acordo co establecido pola normativa vixente, respectando os seus dereitos e con total transparencia.
Para iso, nesta política de privacidade, á que pode acceder en calquera momento desde https://www.telefonicaconsumerfinance.net/politica_privacidad.html, pode consultar o detalle completo de como utilizaremos os seus datos nas relacións que establezamos con vostede.
As principais normativas que regulan os tratamentos que faremos cos seus datos persoais son:
- o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (de agora en diante, o RGPD)
- a Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (de agora en diante, a LOPD)
2. Quen trata os seus datos
Responsable do tratamento: o responsable do tratamento dos seus datos persoais nas súas relacións contractuais e de negocio connosco («Relacións Contractuais») é Telefónica Consumer Finance , E.F.C., E.P., S.A. («Telefónica Consumer Finance» ou “entidade”), con NIF A-86897980 e domicilio na Avenida de Manoteras nº 20 Edificio París 28050 Madrid.
Corresponsables de tratamento: ademais, para determinados tratamentos que lle indicaremos detalladamente nesta política, Telefónica Consumer Finance tratará conxuntamente os seus datos con outras empresas, coas que decidirá, de maneira conxunta, os obxectivos (“para que se usan os datos”) e os medios utilizados (“como se usan os datos”) e, polo tanto, serán corresponsables deses tratamentos.
Os tratamentos para os que Telefónica Consumer Finance tratará conxuntamente os seus datos con outras empresas descríbense detalladamente na epígrafe 6 “Que tratamentos realizamos cos seus datos”.
Ademais, encontrará a lista das empresas que tratan os seus datos, así como os aspectos esenciais dos acordos do tratamento en corresponsabilidade en: www.caixabank.es/empresasgrupo.
3. Delegado de Protección de Datos
Telefónica Consumer Finance e as empresas do Grupo CaixaBank designamos un delegado de protección de datos, que o/a atenderá para responder calquera cuestión relativa ao tratamento dos seus datos persoais e ao exercicio dos seus dereitos.
Pode contactar co delegado de protección de datos para facerlle chegar as súas suxestións, consultas, dúbidas ou reclamacións a través deste enderezo: www.caixabank.com/delegadoprotecciondedatos.
4. Exercicio de dereitos e presentación de reclamacións ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD)
Vostede pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, oposición, supresión, limitación, portabilidade dos seus datos persoais, a retirar o seu consentimento e a non ser obxecto dunha decisión automatizada, de acordo coa lei.
Pode solicitar exercer estes dereitos a través de calquera das seguintes canles:
- No enderezo electrónico: https://www.telefonicaconsumerfinance.net/ apartado Exercicio de dereitos;
- Mediante un escrito dirixido ao Apartado de Correos n.º 209 de Valencia, con código postal 46080.
Ademais, se ten algunha reclamación derivada do tratamento dos seus datos, pode dirixila á Axencia Española de Protección de Datos(www.agpd.es).
5. Datos tratados
Para os tratamentos que lle explicamos nesta política usaranse os datos que lle detallamos a continuación.
Non todos os datos que lle indicamos son utilizados para todos os tratamentos de datos. Na epígrafe 6, onde lle detallamos os tratamentos de datos que realizamos, vostede poderá consultar especificamente, por cada tratamento, a tipoloxía de datos que se tratan.
No caso dos tratamentos baseados no seu consentimento, informarémolo/a adicionalmente do detalle dos datos concretos que se utilizan.
As tipoloxías e o detalle dos datos que utilizan os distintos tratamentos expostos na epígrafe 6 son os seguintes:
> Datos que vostede nos facilitou na alta dos seus contratos ou durante a súa relación connosco mediante entrevistas ou formularios.
Estas son as tipoloxías e o detalle dos datos:
Datos de identificación e de contacto: nome e apelidos, xénero, información de contacto postal, telefónico e electrónico, domicilio de residencia, nacionalidade e data de nacemento, idioma de comunicación, documento de identificación, imaxe e voz.
Datos da súa actividade profesional ou laboral e socioeconómicos: actividade profesional ou laboral, ingresos ou retribucións, unidade ou círculo familiar, nivel de estudos, patrimonio, datos fiscais e datos tributarios.
Datos sobre capacidade xurídica: datos sobre a facultade de obrar dunha persoa, establecida en sentenza xudicial.
Datos sobre necesidades especiais de comunicación: datos proporcionados por interesados con discapacidade para permitir a accesibilidade á interlocución e a xestión operativa.
Datos sensibles relativos a situacións de vulnerabilidade: datos relativos a situacións persoais de vulnerabilidade que poidan ser necesarios para a adopción de medidas especiais na xestión dos contratos.
Datos observados na contratación e mantemento dos produtos e servizos que lle sexan comercializados (propios ou de terceiros).
Estas son as tipoloxías e o detalle dos datos:
Datos de contratación: produtos e servizos contratados ou solicitados, condición de titular, autorizado ou representante do produto e servizo contratado e movementos das operacións de financiamento.
Datos financeiros básicos: saldos actuais e históricos de produtos e servizos e historial de pagamento dos produtos e servizos contratados.
Datos das comunicacións mantidas con vostede: datos obtidos en chats, taboleiros, videoconferencias, chamadas telefónicas ou medios equivalentes.
Datos de navegación propios: se vostede aceptou o uso de cookies e tecnoloxías similares nos seus dispositivos de navegación, os datos obtidos das súas navegacións polas nosas páxinas web ou aplicacións móbiles e a navegación que realice nelas: historial de navegación (páxinas visitadas e clics en contidos), ID do dispositivo, ID de publicidade, enderezo IP e versión instalada da aplicación.
Datos xeográficos: cando así o autorizase na configuración da propia aplicación, os datos da localización dos comercios das súas operacións con tarxeta e os datos de xeolocalización do seu dispositivo móbil proporcionados pola instalación e/ou o uso das nosas aplicacións móbiles, cando así o autorizase na configuración da propia aplicación.
Datos inferidos ou deducidos da análise e tratamento do resto de datos.
Estas son as tipoloxías e o detalle dos datos:
Datos obtidos da execución doutros tratamentos previstos nesta política: os datos obtidos da realización de tratamentos previstos nesta política que se detallarán na información dos tratamentos nos que sexa de aplicación.
Datos obtidos da execución de modelos estatísticos: utilizamos os resultados da aplicación de modelos matemáticos cos datos dos clientes para loitar contra a fraude, deducir os seus hábitos de consumo, preferencias ou propensións de contratación, cumprir coas nosas obrigas normativas e xestionar as operativas dos seus produtos e/ou servizos.
Datos obtidos de fontes de acceso público, rexistros públicos ou fontes externas.
Estas son as tipoloxías e o detalle dos datos:
Datos de sistemas de información crediticia: resultado da consulta aos ficheiros de información crediticia Asnef e Badexcug, que facilitan información sobre débedas, solvencia patrimonial e crédito (debedor, acredor e débeda).
Datos RISK SCORE de Equifax: nas operacións de financiamento ou pagamento por cotas, utilizaremos o resultado que proporciona este sistema de dedución de situacións de impagamento a 12 meses, calculado por Equifax mediante a aplicación de modelos estatísticos e matemáticos sobre os seus datos (DNI, código postal de residencia e os seus datos en sistemas de información crediticia).
Datos CIRBE: consultaremos se ten riscos (financiamentos) noutras entidades. Estes datos obterémolos da Central de Información de Riscos do Banco de España (CIRBE).
Datos relativos a sancións internacionais: datos de persoas ou entidades que estean incluídas en leis, regulacións, directrices, resolucións, programas ou medidas restritivas en materia de sancións económico-financeiras internacionais impostas polas Nacións Unidas, a Unión Europea, o Reino de España, así como a Office of Financial Sanctions Implementation (OFSI) of His Majesty's Treasury (HMT) do Reino Unido e/ou o U.S. Department of the Treasury's Office of Foreign Assets Control (OFAC).
Datos demográficos e socioeconómicos: datos estatísticos non asociados a persoas determinadas senón a zonas xeográficas, sectores de idade ou sectores de actividade profesional, que utilizaremos para os pór en relación coa información dos clientes.
Datos sobre administradores, cargos funcionais e vinculacións societarias: datos extraídos das bases de datos de INFORMA que utilizaremos para complementar a información sobre a súa actividade.
Datos de terceiras empresas ás que vostede dese o seu consentimento para compartilos connosco: datos seus tratados por outras empresas coas que teñamos acordos e ás que vostede autorizase compartir a súa información connosco.
Informacións obtidas de fontes de acceso público e rexistros públicos: datos que proporcionan fontes de acceso público e rexistros públicos para contrastar a información que vostede nos facilita na alta, mantemento e cumprimento das Relacións Contractuais, información do ficheiro Consultas Situacións Concursais de Equifax e datos adicionais de contacto obtidos de directorios telefónicos (Páxinas Brancas, Páxinas Amarelas, Lleida.net) e da base de datos de INFORMA, para contactar cos nosos clientes no suposto de incumprimento de obrigas contractuais.
Datos de navegación: se vostede aceptou o uso de cookies e tecnoloxías similares nos seus dispositivos de navegación, os datos obtidos das súas navegacións por páxinas web ou aplicacións móbiles de terceiros e a navegación que realice nelas: é dicir, historial de navegación (páxinas visitadas e clics en contidos), ID do dispositivo, ID de publicidade, enderezo IP, se vostede aceptou o uso de cookies e tecnoloxías similares nos seus dispositivos de navegación.
Datos de redes sociais ou Internet: datos de redes sociais ou Internet que vostede autorice consultar.
6. Que tratamentos realizamos cos seus datos
Os tratamentos que realizaremos cos seus datos son diversos e responden a diferentes finalidades e bases xurídicas:
- Tratamentos necesarios para a execución das Relacións Contractuais
- Tratamentos necesarios para cumprir con obrigas normativas
- Tratamentos baseados no interese lexítimo de Telefónica Consumer Finance
Adicionalmente aos tratamentos xerais que lle detallamos a continuación, podemos realizar tratamentos específicos non contemplados nesta política, derivados de solicitudes súas de produtos ou servizos. Proporcionarémoslle a información detallada sobre estes tratamentos no momento de tramitar a solicitude concreta.
6.1 TRATAMENTOS NECESARIOS PARA A EXECUCIÓN DAS RELACIÓNS CONTRACTUAIS
Estes tratamentos de datos teñen como base xurídica o feito de que son necesarios para xestionar os contratos que vostede solicite ou nos que vostede é parte, ou para aplicar, se vostede o solicita, medidas precontractuais, segundo se establece no art. 6.1.b) do Regulamento xeral de protección de datos (RXPD).
Polo tanto, son tratamentos necesarios para que vostede poida establecer e manter Relacións Contractuais connosco. Se se opuxese a eles, finalizariamos esas relacións ou non as poderiamos establecer se aínda non as iniciásemos.
Os tratamentos necesarios para a execución das relacións contractuais indícanse a continuación ordenados do A ao B. Sinalaremos para cada un deles: a descrición da finalidade (Finalidade), a tipoloxía dos datos tratados (Tipoloxía de datos tratados), se procede, información sobre o uso de perfís (Uso de perfís), outra información necesaria acerca do tratamento (Outra información relevante) e se son ou non tratamentos realizados en réxime de corresponsabilidade con outras empresas do Grupo CaixaBank (Corresponsables/Responsable do tratamento).
A. Formalización, mantemento e execución das Relacións Contractuais
Finalidade: a finalidade deste tratamento de datos é formalizar e manter as Relacións Contractuais que vostede e nós establezamos, incluído o tratamento das súas solicitudes ou mandatos, as xestións previas a unha contratación (relacións precontractuais), que poden tramitarse connosco directamente ou a través dun dos nosos intermediarios (calquera dos nosos prescritores, que contan con establecementos comerciais dos que vostede pode ser cliente), así como o establecemento de medidas para asegurar o cumprimento dos contratos que teña connosco e, se é o caso, a xestión da recuperación de débeda.
Este tratamento de datos implica recoller a información necesaria para establecer a relación ou xestionar a solicitude, avaliar a idoneidade da contratación e tratar a información necesaria para manter e executar correctamente os contratos.
As actividades de tratamento que se realizan na formalización, mantemento e execución das Relacións Contractuais son:
- Recoller e rexistrar os datos e documentos necesarios para a contratación dos produtos solicitados.
- Formalizar a sinatura dos contratos dos produtos e servizos.
- Xestionar a operativa dos produtos e servizos que vostede contratase connosco, o que inclúe a atención das súas consultas operativas, a xestión das incidencias derivadas e a anotación e verificación dos asentos contables de cobramentos e pagamentos dos produtos e a remisión de comunicacións operativas e a xestión do cobramento ou condonación de comisións derivadas da contratación de produtos e servizos.
- Axustar medidas para resolver impagamentos que se puidesen producir, o que inclúe: a xestión temperá de cobramento da débeda, a comunicación, se é o caso, a axencias externas para realizar accións de recobramento, a comunicación, se é o caso, de datos a sistemas de información crediticia, a interposición, se é o caso, de demandas xudiciais e o seu seguimento, a identificación e seguimento de situacións de concurso de acredores e a revisión e valoración de venda de carteiras.
Tipoloxía de datos tratados: as tipoloxías de datos que trataremos para esta finalidade, cuxo contido está detallado na epígrafe 5, son:
- Datos de identificación e de contacto
- Datos da súa actividade profesional ou laboral e socioeconómicos
- Datos sensibles relativos a situacións de vulnerabilidade
- Datos sobre capacidade xurídica
- Datos sobre necesidades especiais de comunicación
- Datos de contratación
- Datos financeiros básicos
- Datos de terceiros observados nos extractos e recibos de contas á vista e contas de pagamento
- Datos das comunicacións mantidas con vostede
- Datos obtidos da execución doutros tratamentos previstos nesta política:
- Datos de avaliación de risco ou scoring (tratamento definido na epígrafe 6.2.B)
- Datos obtidos da execución de modelos estatísticos
- Datos de sistemas de información crediticia
- Datos RISK SCORE de Equifax
- Datos CIRBE
- Datos da Tesouraría Xeral da Seguridade Social
- Datos relativos a sancións internacionais
- Informacións obtidas de fontes de acceso público e rexistros públicos
Outra información relevante: a continuación, encontrará outra información importante sobre este tratamento:
Decisións automatizadas: cando vostede solicite a contratación dun produto ou servizo, utilizaremos mecanismos para comprobar que, segundo as súas características obxectivas (por exemplo, a súa situación laboral ou a súa residencia fiscal), o produto resulta ou non adecuado ás súas necesidades, intereses e obxectivos.
O establecemento destas categorías obxectivas deriva de obrigas normativas en materia de gobernación de produtos e instrumentos financeiros e inclúese nas políticas internas de deseño de produtos da entidade.
En caso de que o produto non resulte adecuado, non será posible contratalo e rexeitarase a solicitude de contratación de maneira automatizada en función da coincidencia das súas características obxectivas coas do produto concreto que vostede desexe contratar.
Vostede pode exercer o seu dereito a non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente no tratamento automatizado contactando directamente con Telefónica Consumer Finance a través das canles indicadas na epígrafe 4 desta política.
Comunicación a sistemas de información crediticia: este tratamento pode comportar a comunicación a sistemas de información crediticia dos datos da débeda ou situación de impagamento, que se realizaría baseándose no noso interese lexítimo de acordo co que lle detallamos no apartado 6.4.C.
Obtención de datos de contacto: este tratamento pode comportar a obtención de datos adicionais de contacto seus por axencias externas de recuperación de débeda ou de investigación, que se realizará baseándose no noso interese lexítimo, de acordo co que lle detallamos no apartado 6.4.D.
Responsable do tratamento: o responsable deste tratamento é Telefónica Consumer Finance. Este tratamento non se realiza en corresponsabilidade.
Ademais, se comercializamos o produto ou servizo que contrate desde Telefónica Consumer Finance, pero é emitido por outra empresa, esta empresa será a responsable do tratamento dos seus datos en relación con ese contrato.
Isto significa que, se contrata a través de Telefónica Consumer Finance un seguro emitido por VidaCaixa ou SegurCaixa, estas empresas serán as responsables dos seus datos como emisores dos produtos e responsables deles.
Informarémolo/a sobre isto, pormenorizadamente, na documentación contractual de cada produto ou servizo.
B. Análise da solvencia e da capacidade de devolución para a concesión e seguimento do risco de crédito.
Finalidade: a finalidade deste tratamento de datos é avaliar se os solicitantes e/ou titulares de produtos ou servizos que impliquen a devolución de diñeiro adiantado, ou o pagamento adiado de cotas, teñen solvencia e capacidade de devolución suficientes para atender os pagamentos previstos nas operacións que se analicen e/ou que foron concedidas.
A información detallada sobre os tratamentos de análise da solvencia e a capacidade de devolución que se vaian realizar cando vostede solicite ou xa se lle concedesen operacións que impliquen a devolución de diñeiro adiantado, ou o pagamento adiado de cotas, seranlle indicadas de maneira detallada na solicitude de operación que deberá asinar cando solicite estas operacións ou, para o caso de operacións xa concedidas, no correspondente contrato.
As operacións de tratamento que se realizan na análise da solvencia e a capacidade de devolución dos solicitantes e/ou titulares de produtos que impliquen financiamento son:
Análise da capacidade de devolución dos solicitantes no momento da concesión de novas operacións de crédito.
Análise da solvencia dos titulares de produtos que impliquen financiamento durante toda a vida das operacións de crédito que manteña connosco, para a xestión interna de riscos e para a prevención do impagamento destas.
Tipoloxías de datos tratados: as tipoloxías de datos que trataremos para esta finalidade, cuxo contido está detallado na epígrafe 5, son:
- Datos de identificación e de contacto
- Datos da súa actividade profesional ou laboral e socioeconómicos
- Datos de contratación
- Datos financeiros básicos
- Datos de terceiros observados nos extractos e recibos de contas á vista e contas de pagamento
- Datos obtidos da execución de modelos estatísticos
- Datos obtidos da execución doutros tratamentos previstos nesta política:
- Datos de avaliación de risco ou scoring (tratamento definido na epígrafe 6.2.C)
- Datos de sistemas de información crediticia
- Datos RISK SCORE de Equifax
- Datos CIRBE
- Datos demográficos e socioeconómicos
- Datos sobre inmobles e vehículos asociados á súa persoa
- Informacións obtidas de fontes de acceso público e rexistros públicos
Uso de perfís: para este tratamento elaboraremos un perfil de riscos que utilizaremos exclusivamente para a análise da solvencia e a capacidade de devolución dos solicitantes e/ou titulares de produtos que impliquen financiamento.
Finalidade: o perfil utilizado ten como finalidade determinar a probabilidade de impagamento na concesión de operacións, avaliar se procede axustar o risco de operacións vixentes e realizar o cálculo das provisións e as esixencias de capital aplicables a Telefónica Consumer Finance.
Consecuencias: os perfís de risco son ferramentas de soporte nas decisións sobre concesión ou non de operacións de risco, ou do axuste dos límites nas operacións concedidas.
Nos supostos de operacións solicitadas por canles electrónicas poden producirse decisións automatizadas de concesión ou non, segundo se detalla no apartado “Outra información relevante” seguinte.
Lóxica: o perfil do solicitante usará a información indicada na epígrafe anterior “Tipoloxía de datos tratados”.
Con esta información de base atribúese un valor específico a cada un destes datos do interesado, cuxa suma dará unha puntuación relativa á probabilidade de morosidade ou incumprimento das obrigas monetarias.
A importancia de cada variable e a súa influencia no resultado final calcúlase de maneira previa a través de modelos matemáticos e inclúese nas políticas internas de risco da entidade.
Outra información relevante: a continuación, encontrará outra información importante sobre este tratamento:
Decisións automatizadas: para a análise da solvencia e a capacidade de devolución, en solicitudes realizadas a través de canles electrónicas, utilizaremos tratamentos automatizados para comprobar que, segundo as súas características e a información que nos facilitase, o financiamento resulta ou non adecuado ás súas necesidades.
En caso de que o financiamento solicitado non resulte adecuado á súa capacidade de devolución segundo os cálculos dos perfís utilizados, non será posible contratar o produto e rexeitarase a solicitude de contratación de maneira automatizada nesa canle.
Vostede pode volver solicitar a operación para que a análise non incorpore decisións automatizadas, impugnar a decisión automatizada ou exercer o seu dereito a non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente no tratamento automatizado contactando directamente con Telefónica Consumer Finance a través das canles indicadas na epígrafe 4 desta política.
Obrigas normativas: adicionalmente a que estes tratamentos sexan necesarios para a execución da relación contractual que mantemos con vostede, este tratamento realízase segundo o establecido pola Lei 44/2002, de medidas de reforma do sistema financeiro, a Lei 10/2014, de 26 de xuño, de ordenación, supervisión e solvencia de entidades de crédito e as demais obrigas e principios das normativas sobre concesión de préstamo responsable, normativas ás que nós, como establecemento financeiro de crédito, estamos sometidos.
Consultas a sistemas de información crediticia: realizaremos as consultas a sistemas de información crediticia necesarias para a análise da solvencia con base no noso interese lexítimo, que lle detallamos no apartado 6.4.C.
Consulta á CIRBE: as consultas á CIRBE necesarias para a análise da solvencia realízanse segundo o disposto na Lei 44/2002, de 22 de novembro, de medidas de reforma do sistema financeiro.Así mesmo, comunicaranse os datos necesarios para identificar as persoas con quen se manteñan riscos de crédito, de acordo coa mesma norma.
Corresponsables do tratamento: a normativa sectorial sobre requisitos prudenciais e de solvencia que se aplica ao sector financeiro obriga a que a concesión e o seguimento de operacións de crédito a clientes se realice conxuntamente entre todas as sociedades que compoñen un mesmo grupo consolidado de entidades de crédito.
Por iso, as seguintes empresas do Grupo CaixaBank tratarán os seus datos en corresponsabilidade para este tratamento.
- CaixaBank, S.A.
- CaixaBank Payments & Consumer, E.F.C., E.P., S.A.U
- Nuevo Micro Bank, S.A.U.
- Telefónica Consumer Finance, E.F.C., S.A.
- CaixaBank Equipment Finance, S.A.U.
- Unión de Crédito para la Financiación Mobiliaria e Inmobiliaria, CREDIFIMO, E.F.C., S.A.U.
- Corporación Hipotecaria Mutual, S.A.U., Establecimiento Financiero de Crédito
- Hipotecaixa 2, S.L.U,
- Banco BPI, S.A.
- Wivai Select Place, S.A.U.
Encontrará os aspectos esenciais dos acordos do tratamento en corresponsabilidade en: www.caixabank.es/empresasgrupo
6.2 TRATAMENTOS NECESARIOS PARA CUMPRIR CON OBRIGAS NORMATIVAS
Estes tratamentos de datos teñen como base xurídica o feito de que son necesarios para cumprir unha obriga legal que nos é esixible, segundo se establece no art. 6.1.c) do Regulamento xeral de protección de datos (RXPD).
Polo tanto, son necesarios para que vostede poida establecer e manter Relacións Contractuais connosco. Se non quixese que realicemos este tratamento, deberiamos finalizar esas relacións, ou non as poderiamos establecer se aínda non as iniciásemos.
Os tratamentos necesarios para cumprir con obrigas normativas indícanse a continuación ordenados do A ao C. Sinalaremos para cada un deles: a descrición da finalidade (Finalidade), a tipoloxía dos datos tratados (Tipoloxía de datos tratados), se procede, información sobre o uso de perfís (Uso de perfís), outra información necesaria acerca do tratamento (Outra información relevante) e se son ou non tratamentos realizados en réxime de corresponsabilidade con outras empresas do Grupo CaixaBank (Corresponsables/Responsable do tratamento).
A. Tratamento para cumprir coa normativa de prevención do branqueo de capitais e do financiamento do terrorismo
Finalidade: a finalidade deste tratamento é a adopción das medidas impostas á nosa actividade pola Lei 10/2010, de prevención do branqueo de capitais e do financiamento do terrorismo.
As operacións de tratamento que se realizan para cumprir a normativa sobre prevención do branqueo de capitais do financiamento do terrorismo son:
Obter a información e documentación que permite cumprir coas medidas de dilixencia debida e de coñecemento dos clientes;
Comprobar a información que vostede nos facilite;
Verificar se vostede desempeña ou desempeñou cargos de responsabilidade pública;
Clasificar o seu nivel de risco, en función do cal se aplicarán as distintas medidas de dilixencia debida con base na normativa de prevención do branqueo de capitais e financiamento do terrorismo;
Realizar a análise das operacións que se realizan a través de Telefónica Consumer Finance, de acordo co que establecen as obrigas legais;
Verificar a súa relación con sociedades e, se é necesario, a súa posición de control na estrutura de propiedade destas;
Comunicar e actualizar mensualmente a súa información no Ficheiro de Titularidades Financeiras, responsabilidade do Servizo Executivo da Comisión de Prevención de Branqueo de Capitais e Infraccións Monetarias (SEPBLAC).
Tipoloxías de datos tratados: as tipoloxías de datos que trataremos para esta finalidade, cuxo contido está detallado na epígrafe 5, son:
- Datos de identificación e de contacto
- Datos da súa actividade profesional ou laboral e socioeconómicos
- Datos de contratación
- Datos financeiros básicos
- Datos de terceiros observados nos extractos e recibos de contas á vista e contas de pagamento
- Datos das comunicacións mantidas con vostede
- Datos obtidos da execución de modelos estatísticos
- Datos sobre administradores, cargos funcionais e vinculacións societarias
- Datos da Tesouraría Xeral da Seguridade Social
- Informacións obtidas de fontes de acceso público e rexistros públicos
Uso de perfís: este tratamento implica a elaboración dun perfil que utilizamos exclusivamente para a adopción das medidas impostas á nosa actividade pola Lei 10/2010, de prevención do branqueo de capitais e do financiamento do terrorismo.
Finalidade: o perfil utilizado ten como finalidade impedir a contratación de operativas susceptibles de seren obxecto de branqueo de capitais ou financiamento do terrorismo.
Consecuencias: os perfís son ferramentas que axudan ás unidades de prevención de branqueo de capitais e do financiamento do terrorismo a determinar se as operativas son susceptibles ou non de seren obxecto de branqueo de capitais ou financiamento do terrorismo e, polo tanto, a aceptalas ou non.
Corresponsables do tratamento: as seguintes empresas do Grupo CaixaBank tratarán os seus datos en corresponsabilidade para este tratamento:
- CaixaBank, S.A.
- CaixaBank Payments & Consumer , E.F.C., E.P., S.A.U.
- VidaCaixa, S.A. de seguros y reaseguros
- BPI Vida e Pensões – Companhia de Seguros, S.A.
- Nuevo Micro Bank, S.A.U.
- CaixaBank Asset Management SGIIC, S.A.U
- Telefónica Consumer Finance, E.F.C., S.A.
- Buildingcenter, S.A.U.
- Livingcenter Activos Inmobiliarios, S.A.U.
- Unión de Crédito para la Financiación Mobiliaria e Inmobiliaria, CREDIFIMO, E.F.C., S.A.U.
- Corporación Hipotecaria Mutual, S.A.U., Establecimiento Financiero de Crédito
- CaixaBank Wealth Management Luxembourg, S.A.
- CaixaBank Asset Management Luxembourg, S.A.
- BPI Gestão de Ativos, SGOIC, S.A.
- Banco BPI, S.A.
- Bankia Habitat, S.L.U.
- Puerto Triana, S.A.U
Encontrará os aspectos esenciais dos acordos do tratamento en corresponsabilidade en: www.caixabank.es/empresasgrupo
B. Tratamento para o cumprimento das obrigas derivadas das políticas de sancións e contramedidas financeiras internacionais
Finalidade: a finalidade deste tratamento é a adopción das medidas impostas á nosa actividade nos programas de sancións e contramedidas financeiras internacionais adoptadas pola Unión Europea e o Reino de España.
Para cumprir os programas de sancións e contramedidas financeiras internacionais, contrastaremos se vostede consta en listas de persoas ou entidades que estean incluídas en leis, regulacións, directrices, resolucións, programas ou medidas restritivas en materia de sancións económico financeiras internacionais impostas polas Nacións Unidas, a Unión Europea e/ou o Reino de España.
Tipoloxías de datos tratados: as tipoloxías de datos que trataremos para esta finalidade, cuxo contido está detallado na epígrafe 5, son:
- Datos de identificación e de contacto
- Datos relativos a sancións internacionais
Corresponsables do tratamento: as seguintes empresas do Grupo CaixaBank tratarán os seus datos en corresponsabilidade para este tratamento:
- CaixaBank, S.A.
- CaixaBank Payments & Consumer , E.F.C., E.P., S.A.U.
- VidaCaixa, S.A. de seguros y reaseguros
- Nuevo Micro Bank, S.A.U.
- CaixaBank Asset Management SGIIC, S.A.U
- Telefónica Consumer Finance, E.F.C., S.A.
- Buildingcenter, S.A.U.
- Livingcenter Activos Inmobiliarios, S.A.U.
- Unión de Crédito para la Financiación Mobiliaria e Inmobiliaria, CREDIFIMO, E.F.C., S.A.U.
- Corporación Hipotecaria Mutual, S.A.U., Establecimiento Financiero de Crédito
- Banco BPI, S.A.
- CaixaBank Wealth Management Luxembourg, S.A.
- Bankia Habitat, S.L.U.
- CaixaBank Equipment Finance, S.A.
- Puerto Triana, S.A.U.
- CaixaBank Asset Management Luxembourg, S.A.
- BPI Gestão de Ativos, SGOIC, S.A.
Encontrará os aspectos esenciais dos acordos do tratamento en corresponsabilidade en: www.caixabank.es/empresasgrupo
C. Tratamento para a atención de queixas e reclamacións.
Finalidade: a finalidade deste tratamento é a atención das consultas, queixas e reclamacións que se realicen ante Telefónica Consumer Finance, de acordo coa normativa aplicable á súa condición de entidade financeira; en concreto, a Lei 44/2002, de 22 de novembro, así como a Orde ECO/73/2004, que obriga a ter dispoñible un servizo de atención ao cliente onde se poidan atender as queixas e reclamacións dos usuarios financeiros.
Pola súa parte, a Lei 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais obriga o responsable do tratamento, neste caso Telefónica Consumer Finance, a atender as reclamacións que se presenten ante o seu delegado de protección de datos, así como a atender os dereitos en materia de protección de datos que poidan exercer os interesados.
As operacións de tratamento que se realizan para cumprir a normativa en materia de tratamento de atención de queixas e reclamacións son:
Recepción da queixa ou reclamación do usuario financeiro polo Servizo de Atención ao Cliente de Telefónica Consumer Finance;
Resposta no prazo establecido á queixa ou reclamación presentada;
Atención dos dereitos en materia de protección de datos e consultas ao Delegado de Protección de Datos de Telefónica Consumer Finance, así como as actividades necesarias para colaborar coa autoridade de control (Axencia Española de Protección de Datos).
Tipoloxías de datos tratados: as tipoloxías de datos que trataremos para esta finalidade, cuxo contido está detallado na epígrafe 5, son:
- Datos de identificación e de contacto
- Datos sobre capacidade xurídica e sobre necesidades especiais de comunicación
- Datos de contratación
- Datos financeiros básicos
- Datos de terceiros observados nos extractos e recibos de contas á vista e contas de pagamento
- Datos das comunicacións mantidas con vostede
- Datos de navegación propios
- Datos de sistemas de información crediticia
- Datos CIRBE
Responsable do tratamento: o responsable deste tratamento é Telefónica Consumer Finance. Este tratamento non se realiza en corresponsabilidade.
6.3 TRATAMENTOS BASEADOS NO INTERESE LEXÍTIMO DE TELEFÓNICA CONSUMER FINANCE
Estes tratamentos teñen como base xurídica a satisfacción de intereses lexítimos perseguidos por Telefónica Consumer Finance ou por un terceiro, sempre que sobre eses intereses non prevalezan os intereses de vostede, ou os seus dereitos e liberdades fundamentais, segundo se establece no art. 6.1.f) do Regulamento xeral de protección de datos (RXPD).
A realización destes tratamentos implicará que realicemos unha ponderación entre os seus dereitos e o noso interese lexítimo na que concluiremos que o último prevalece. En caso contrario, non realizariamos o tratamento. Vostede pode consultar en calquera momento a análise de ponderación do interese lexítimo dun tratamento mandando a súa consulta ao enderezo electrónico delegado.proteccion.datos@caixabank.com
Así mesmo, lembrámoslle que ten dereito a oporse aos tratamentos baseados no interese lexítimo. Se vostede entende que Telefónica Consumer Finance e, se é o caso, as empresas corresponsables teñen que ter en conta algunha situación particular ou outros motivos que xustifiquen que deixemos de realizar o tratamento de datos, pode solicitalo de forma sinxela e gratuíta a través das canles que lle indicamos na epígrafe 4.
Detallamos estes tratamentos a continuación, ordenados do A ao E. Sinalaremos para cada un deles: o interese lexítimo de Telefónica Consumer Finance (Interese lexítimo de Telefónica Consumer Finance) a descrición da finalidade (Finalidade), a tipoloxía dos datos tratados (Tipoloxía de datos tratados), se procede, información sobre o uso de perfís (Uso de perfís), outra información necesaria acerca do tratamento (Outra información relevante) e se son ou non tratamentos realizados en réxime de corresponsabilidade con outras empresas do Grupo CaixaBank (Corresponsables/Responsable do tratamento).
A. Prevención da fraude
Interese lexítimo de Telefónica Consumer Finance: o interese lexítimo de Telefónica Consumer Finance e as empresas corresponsables detalladas nesta epígrafe para realizar este tratamento é previr fraudes que supoñan perdas económicas ou de reputación á entidade ou aos seus clientes.
Finalidade: a finalidade deste tratamento é adoptar as medidas necesarias para evitar operacións ou condutas maliciosas antes da súa consecución, ou reverter os seus efectos se chegan a producirse, mediante a identificación de operacións ou condutas sospeitosas de intentar cometer fraude á entidade ou aos seus clientes.
As operacións de tratamento que se realizan na loita contra a fraude son:
Verificar a identidade dos clientes que se relacionan coa entidade para previr accesos fraudulentos a información ou operativas.
Revisar e analizar as contratacións e operacións que se realizan nos nosos sistemas para protexer os nosos clientes da fraude en calquera canle e previr ciberataques.
Tipoloxías de datos tratados: as tipoloxías de datos que trataremos para esta finalidade, cuxo contido está detallado na epígrafe 5, son:
- Datos de identificación e de contacto
- Datos da súa actividade profesional ou laboral e socioeconómicos
- Datos de contratación
- Datos financeiros básicos
- Datos de terceiros observados nos extractos e recibos de contas á vista e contas de pagamento
- Datos das comunicacións mantidas con vostede
- Datos de navegación propios
- Datos xeográficos
- Datos obtidos da execución doutros tratamentos previstos nesta política:
- Datos de avaliación de risco ou scoring (tratamento definido na epígrafe 6.2.C)
- Datos obtidos da execución de modelos estatísticos
Uso de perfís: este tratamento implica a elaboración dun perfil relativo á súa operativa e actividades habituais que utilizamos exclusivamente para identificar situacións anómalas que poden ser indicativas de intento de fraude.
Finalidade: o perfil utilizado ten como finalidade identificar operativas ou interaccións non habituais ou afastadas do seu perfil de comportamentos susceptibles de seren tentativas de fraude ou de acceso fraudulento a información.
Consecuencias: os perfís son ferramentas que axudan a identificar operacións fraudulentas e o seu uso comporta a aplicación de medidas que van desde a revisión detallada da operación ao seu bloqueo ou denegación de execución automática.
Outra información relevante: a continuación, encontrará outra información importante sobre este tratamento:
Decisións automatizadas: para a prevención da fraude utilizaremos tratamentos automatizados para tratar de detectar operacións fraudulentas.
No caso de operacións que non poidan ser anuladas despois de realizadas, tales como pagamentos ou transferencias inmediatas, se os tratamentos automatizados detectan operacións sospeitosas de non seren lexítimas, bloquearanas impedindo a súa execución.
Vostede pode volver solicitar a operación, impugnar a decisión automatizada ou exercer o seu dereito a non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente no tratamento automatizado contactando directamente con Telefónica Consumer Finance a través das canles indicadas na epígrafe 4 desta política.
Dereito de oposición ao tratamento: se vostede entende que Telefónica Consumer Finance ten que ter en conta algunha situación particular ou outros motivos que xustifiquen que deixemos de realizar o tratamento de datos, pode solicitalo de forma sinxela e gratuíta a través das canles que lle indicamos na epígrafe 4.
Responsable do tratamento: o responsable deste tratamento é Telefónica Consumer Finance. Este tratamento non se realiza en corresponsabilidade.
B. Consulta e comunicación a sistemas de información crediticia no marco da solicitude e posterior xestión de produtos que impliquen financiamento.
Interese lexítimo de Telefónica Consumer Finance: o interese lexítimo de Telefónica Consumer Finance para realizar este tratamento é evitar impagamentos e moras dos solicitantes ou titulares de produtos que impliquen financiamento.
Finalidade: a finalidade deste tratamento é avaliar a solvencia e capacidade de devolución para (i) garantir un adecuado cumprimento por parte dos interesados das obrigas de pagamento derivadas das operacións concedidas, (ii) facer o seguimento e a xestión das operacións concedidas e (iii) previr e xestionar o impagamento e as situacións de morosidade.
As operacións de tratamento que se realizan na consulta e comunicación a ficheiros de solvencia son:
Consultar a súa información: con carácter previo á concesión das operacións que impliquen financiamento ou co fin de levar a cabo o seguimento e xestión do risco do crédito concedido, consultaranse as bases de datos dos seguintes ficheiros de solvencia patrimonial e de crédito: (i) Ficheiro Asnef; (ii) Ficheiro Badexcug;
Comunicar os seus datos persoais: se vostede deixase de pagar calquera das obrigas monetarias que contraeu connosco respecto das nosas Relacións Contractuais, poderemos comunicar os datos do impagamento aos mesmos ficheiros de solvencia patrimonial e de crédito, nas condicións e cos requisitos previstos na normativa.
Tipoloxías de datos tratados: as tipoloxías de datos que trataremos para esta finalidade son os seguintes:
- Datos de identificación e de contacto
- Datos de contratación
- Datos financeiros básicos
- Datos de sistemas de información crediticia
Outra información relevante: a continuación, encontrará outra información importante sobre este tratamento:
Dereito de oposición ao tratamento: se vostede entende que Telefónica Consumer Finance ten que ter en conta algunha situación particular ou outros motivos que xustifiquen que deixemos de realizar o tratamento de datos, pode solicitalo de forma sinxela e gratuíta a través das canles que lle indicamos na epígrafe 4.
Responsables do tratamento: Telefónica Consumer Finance é responsable da parte do tratamento relativa á consulta a sistemas de información crediticia. Telefónica Consumer Finance e os ficheiros de solvencia Asnef e Badexcug realizan en réxime de corresponsabilidade este tratamento. A continuación, indicámoslle os datos de contacto dos sistemas de información crediticia:
Ficheiro Asnef: Asnef Equifax Servicios de Información sobre Solvencia y Crédito. Apartado de correos 10546, 28080 Madrid (sac@equifax.es).
Ficheiro Badexcug: Apartado de correos 1188, 28108 Alcobendas (badexcug@experian.com).
C. Obtención de datos de contacto adicionais para a xestión de situacións de impagamento
Interese lexítimo de Telefónica Consumer Finance: o interese lexítimo de Telefónica Consumer Finance é recuperar débeda en situacións de impagamento, para o cal é preciso ter datos de contacto actualizados dos clientes.
Finalidade: a finalidade deste tratamento é obter información de contacto adicional dos clientes para contactar con eles en caso de incumprimento das súas obrigas contractuais.
Os datos de contacto adicionais obtéñense de listas públicas (Páxinas Brancas, Páxinas Amarelas e Lleida.net) e listas privadas (Equifax ou Detectives) a través de axencias de recuperación de débeda e de investigación, o que garante sempre que os datos solicitados cumpran co principio de calidade e que se obteñan de maneira lícita.
Tipoloxías de datos tratados: as tipoloxías de datos que trataremos para esta finalidade son os seguintes:
- Datos de identificación e de contacto
- Informacións obtidas de fontes de acceso público e rexistros públicos
Outra información relevante: a continuación, encontrará outra información importante sobre este tratamento:
Dereito de oposición ao tratamento: se vostede entende que Telefónica Consumer Finance ten que ter en conta algunha situación particular ou outros motivos que xustifiquen que deixemos de realizar o tratamento de datos, pode solicitalo de forma sinxela e gratuíta a través das canles que lle indicamos na epígrafe 4.
Responsable do tratamento: o responsable deste tratamento é Telefónica Consumer Finance. Este tratamento non se realiza en corresponsabilidade.
D. Elaboración de informes de xestión e modelos matemáticos
Interese lexítimo de Telefónica Consumer Finance: o interese lexítimo de Telefónica Consumer Finance para realizar este tratamento é deseñar, organizar e optimizar a súa actividade empresarial e a súa actividade comercial da maneira máis eficiente posible, para o cal é necesario dispor de informes sobre a xestión e actividade da compañía e do mercado, así como algoritmos matemáticos de análise avanzada de información.
Finalidade: a finalidade deste tratamento é elaborar informes sobre a actividade da compañía e a súa relación co mercado, sobre a composición e evolución da súa base de clientes e sobre a conveniencia e eficacia dos seus produtos e servizos, que permitan a súa eficiente dirección e xestión e crear e manter modelos estatísticos e matemáticos que permitan realizar os tratamentos detallados nesta política que requiran cálculos e análises avanzadas da información.
Tipoloxías de datos tratados: os datos que trataremos para esta finalidade son os que se identificaron previamente en cada un dos tratamentos, aplicando, cando sexa posible, técnicas de anonimización ou pseudonimización para garantir que eses tratamentos non teñen impacto nos dereitos dos seus titulares, e que o resultado dos tratamentos son informes con información estatística ou agregada, ou fórmulas matemáticas ou algorítmicas.
Outra información relevante: a continuación, encontrará outra información importante sobre este tratamento:
Dereito de oposición ao tratamento: se vostede entende que Telefónica Consumer Finance ten que ter en conta algunha situación particular ou outros motivos que xustifiquen que deixemos de realizar o tratamento de datos, pode solicitalo de forma sinxela e gratuíta a través das canles que lle indicamos na epígrafe 4.
Tratamento de datos accesorio: os tratamentos de datos para a creación de informes estatísticos e modelos matemáticos non teñen como finalidade o tratamento dos datos en relación cos clientes de maneira individual.
Este tratamento de datos é necesario, pero accesorio, á finalidade principal, que é elaborar informes de xestión, ou formulas algorítmicas ou matemáticas, e por iso se realizan utilizando sempre que é posible técnicas de anonimización ou, en todo caso, pseudonimización e minimización da información tratada.
Estes tratamentos non teñen ningunha afección individual nin consecuencia sobre os titulares dos datos.
Responsable do tratamento: o responsable deste tratamento é Telefónica Consumer Finance. Este tratamento non se realiza en corresponsabilidade.
E. Políticas de sancións e contramedidas financeiras internacionais de OFSI e OFAC
Interese lexítimo de Telefónica Consumer Finance: o interese lexítimo de Telefónica Consumer Finance e as empresas corresponsables detalladas nesta epígrafe para realizar este tratamento é o cumprimento dos programas de sancións e contramedidas financeiras internacionais dos Estados Unidos e do Reino Unido para poder desenvolver a súa actividade mercantil neses países.
Finalidade: a finalidade deste tratamento é a adopción das medidas previstas nos programas de sancións e contramedidas financeiras internacionais adoptadas pola Office of Financial Sanctions Implementation (OFSI) of His Majesty's Treasury (HMT) do Reino Unido e o U.S. Department of the Treasury's Office of Foreign Assets Control (OFAC).
Para cumprir estes programas de sancións e contramedidas financeiras internacionais, as empresas corresponsables contrastaremos se vostede consta en listas de persoas ou entidades que estean incluídos nas medidas restritivas deses dous organismos.
Tipoloxías de datos tratados: as tipoloxías de datos que trataremos para esta finalidade, cuxo contido está detallado na epígrafe 5, son:
- Datos de identificación e de contacto
- Datos relativos a sancións internacionais
Outra información relevante: a continuación, encontrará outra información importante sobre este tratamento:
Dereito de oposición ao tratamento: se vostede entende que Telefónica Consumer Finance ten que ter en conta algunha situación particular ou outros motivos que xustifiquen que deixemos de realizar o tratamento de datos, pode solicitalo de forma sinxela e gratuíta a través das canles que lle indicamos na epígrafe 4.
Corresponsables do tratamento: as seguintes empresas do Grupo CaixaBank tratarán os seus datos en corresponsabilidade para este tratamento:
- CaixaBank, S.A.
- CaixaBank Payments & Consumer, E.F.C., E.P., S.A.U.
- VidaCaixa, S.A. de Seguros y Reaseguros.
- Nuevo Micro Bank, S.A.U.
- CaixaBank Asset Management SGIIC, S.A.U.
- Telefónica Consumer Finance, E.F.C., S.A.
- Buildingcenter, S.A.U.
- Livingcenter Activos Inmobiliarios, S.A.U.
- Unión de Crédito para la Financiación Mobiliaria e Inmobiliaria, CREDIFIMO, E.F.C., S.A.U.
- Corporación Hipotecaria Mutual, S.A.U., Establecimiento Financiero de Crédito.
- Banco BPI, S.A.
- CaixaBank Wealth Management Luxembourg, S.A.
- Bankia Habitat, S.L.U.
- CaixaBank Equipment Finance, S.A.
- Puerto Triana, S.A.U.
- CaixaBank Asset Management Luxembourg, S.A.
- BPI Gestão de Ativos, SGOIC, S.A.
Encontrará os aspectos esenciais dos acordos do tratamento en corresponsabilidade en: www.caixabank.es/empresasgrupo
7. Destinatarios dos datos
Responsables e corresponsables do tratamento dos datos
Os datos que tratamos na súa condición de cliente de Telefónica Consumer Finance son tratados por nós desde Telefónica Consumer Finance. Se os tratamentos son en corresponsabilidade, son realizados polas empresas do Grupo CaixaBank, de acordo co que expuxemos para cada un dos tratamentos.
Autoridades ou organismos oficiais
As entidades financeiras como Telefónica Consumer Finance e os demais provedores de servizos de pagamento podemos estar obrigados legalmente a facilitar información sobre as transaccións que realizamos ás autoridades ou organismos oficiais doutros países situados tanto dentro como fóra da Unión Europea. Esa obriga dáse no marco da loita contra o financiamento do terrorismo e formas graves de delincuencia organizada e a prevención do branqueo de capitais, así como no marco da supervisión prudencial das entidades financeiras que realizan o Banco de España e o Banco Central Europeo.
Tamén poden estar suxeitos a esta obriga os sistemas de pagamento e prestadores de servizos tecnolóxicos cos que mantemos relacións e aos que transmitimos os datos para levar a cabo transaccións.
Ficheiros de cumprimento ou incumprimento de obrigas monetarias
Se vostede deixase de pagar calquera das obrigas monetarias que contraeu connosco respecto das nosas Relacións Contractuais, poderemos comunicar, nas condicións e cos requisitos previstos na normativa, os datos do impagamento aos seguintes sistemas de información crediticia:
Ficheiro Asnef: Asnef Equifax Servicios de Información sobre Solvencia y Crédito. Apartado de correos 10546, 28080 Madrid (sac@equifax.es).
Ficheiro Badexcug: Apartado de correos 1188, 28108 Alcobendas (badexcug@experian.com).
Así mesmo, informámolo/a de que pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, oposición, supresión, limitación, portabilidade dos seus datos persoais e a non ser obxecto dunha decisión automatizada, de acordo coa lei, ante estes ficheiros de cumprimento ou incumprimento nos enderezos que lle indicamos.
Comunicación de datos na externalización de servizos
Nalgunhas ocasións, recorremos a prestadores de servizos con acceso potencial a datos de carácter persoal.
Estes prestadores presentan garantías adecuadas e suficientes en relación co tratamento de datos, xa que levamos a cabo unha selección responsable de prestadores de servizo que incorpora requirimentos específicos no suposto de que os servizos impliquen o tratamento de datos de carácter persoal.
A tipoloxía de servizos que podemos encargar a prestadores de servizos é:
- Servizos de backoffice financeiro
- Servizos de apoio administrativo
- Servizos de auditoría e consultoría
- Servizos xurídicos e de recuperación de impagamentos
- Servizos de pagamento
- Servizos de mercadotecnia e publicidade
- Servizos de enquisas
- Servizos de call center
- Servizos loxísticos
- Servizos de seguridade física
- Servizos informáticos (seguridade dos sistemas e da información, ciberseguridade, sistemas de información, arquitectura, aloxamento, procesamento de datos)
- Servizos de telecomunicacións (voz e datos)
- Servizos de impresión, ensobramento, envíos postais e mensaxaría
- Servizos de custodia e destrución da información (dixital e física)
- Servizos de mantemento de edificios, instalacións e equipamentos
8. Prazos de conservación dos datos
Conservación para o mantemento das Relacións Contractuais
Trataremos os seus datos mentres sigan vixentes as Relacións Contractuais que establecésemos.
Conservación das autorizacións para os tratamentos baseados no consentimento
Faremos tratamentos de datos baseados no seu consentimento, ata que vostede o revogue.
Se vostede cancela todos os seus contratos de produtos e servizos coas empresas do grupo CaixaBank, pero non revoga os consentimentos que nos dese, nós automaticamente deixarémolos sen efecto desde que deixe de ser cliente.
Conservación para o cumprimento de obrigas legais e formulación, exercicio e defensa de reclamacións
Unha vez revogadas as autorizacións de uso dos seus datos mediante a retirada do seu consentimento, ou finalizadas as relacións contractuais ou de negocio que establecese connosco, conservaremos os seus datos unicamente para cumprir coas obrigas legais e para permitir a formulación, exercicio ou defensa de reclamacións durante o prazo de prescrición das accións derivadas das relacións contractuais.
Trataremos estes datos aplicándolles as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir que só son utilizados para estas finalidades.
Conservación de datos tratados no interese lexítimo da Entidade
Trataremos os seus datos mentres persista o interese lexítimo que motiva o tratamento.
Destrución dos datos
Destruiremos os seus datos cando transcorresen os prazos de conservación que impoñen as normas que regulan a actividade de Telefónica Consumer Finance e os prazos de prescrición das accións administrativas ou xudiciais derivadas das relacións establecidas entre vostede e nós.
9. Transferencias de datos fóra do Espazo Económico Europeo
En Telefónica Consumer Finance tratamos os seus datos dentro do Espazo Económico Europeo e, con carácter xeral, contratamos prestadores de servizos localizados tamén dentro do Espazo Económico Europeo ou en países que foron declarados cun nivel adecuado de protección.
Se recorrésemos a prescritores ou necesitásemos utilizar provedores de servizos que realicen tratamentos fóra do Espazo Económico Europeo ou en países que non foron declarados cun nivel adecuado de protección, asegurariámonos de garantir a seguridade e a lexitimidade do tratamento dos seus datos.
Para iso, esiximos as garantías adecuadas a eses prescritores e aos provedores de servizos de acordo co establecido no RXPD de maneira que dispoñan, por exemplo, de normas corporativas vinculantes que garantan a protección da información de forma similar á que establecen as normas europeas ou que subscribisen as cláusulas-tipo da Unión Europea.
10. Decisións automatizadas
Na epígrafe 6 desta política informámolo/a dos tratamentos que incorporan decisións automatizadas.
Adicionalmente, se durante as Relacións Contractuais que mantén connosco fósemos utilizar mecanismos que puidesen adoptar decisións baseadas única e exclusivamente no tratamento automatizado (é dicir, sen a participación dunha persoa) que puidesen producir efectos xurídicos sobre vostede, ou que lle puidesen afectar significativamente (por exemplo, denegarlle a contratación dun determinado produto), informarémolo/a sobre iso na propia documentación contractual do produto ou servizo que nos solicitase, así como da lóxica en virtude da cal se adopta a decisión.
Así mesmo, nese momento, adoptaremos medidas para salvagardar os seus dereitos e intereses facilitándolle o dereito a obter intervención humana, a expresar o seu punto de vista e a impugnar a decisión.
11. Revisión
Realizaremos unha revisión desta política de privacidade cada vez que resulte necesario para mantelo/a debidamente informado/a, por exemplo, con motivo da publicación de novas normas ou criterios ou a realización de novos tratamentos.
Avisarémolo/a polas canles de comunicación habituais sempre que se produzan cambios substanciais ou importantes nesta política de privacidade.
27 de novembro de 2024
*Todas as referencias a Wivai SelectPlace S.A.U. teñen que entenderse realizadas en relación con Facilitea SelectPlace S.A.U. polo cambio de denominación social.